Os TPV´s móbiles (tamén) son para o verán

negocios verano

Foto: Joselu Blanco

Aos poucos no noso país aumentan os pagos a través de tarxeta de crédito, 9.000 millóns de euros concretamente no 2015, segundo os datos que publicou o Banco de España. No transcurso do ano pasado batéronse récords de gasto neste tipo de transaccións, chegando a 10.175 millóns no mes de abril, unha cifra aínda máis alta que a que se rexistrou en xaneiro, data que coincide coas habituais compras do Nadal. Unha tendencia que xa viamos noutros estados veciños e que chega para consolidarse a España.

Este dato demostra que aos poucos perdemos o medo á crise e que se estabiliza a economía paulatinamente. É lóxico pensar que se os consumidores demandan cada vez máis evitar o efectivo, as empresas e autónomos deben pensar en adaptar os seus métodos de cobro ao máximo para non perder ningunha venda. Máis aínda se se trata dun negocio en mobilidade, moi típicos no verán: chiringuitos, venda ambulante, feiras, postos en mercadillos… E se tes o produto perfecto pero o teu cliente non dispón de efectivo?

Outro dos factores que debemos ter en conta á hora de planificar os meses de xullo, agosto e setembro é o turismo. Os estranxeiros invadirán sobre todo a costa española en busca de sol e praia, e pedirán pagar con cartón de crédito. Algo habitual, como xa comentabamos, noutros países, e unha maneira de evitar comisións por retirar “cash” en caixeiros. No caso de visitantes de países fóra da Unión Europea, algo totalmente lóxico para economizar cambios de moeda.

Se o teu negocio funciona só no verán, lembra que o noso servizo de TPV móbil é perfecto, xa que:

Non tes permanencia, e se decides dar de baixa o contrato o outono, poderalo facer sen ningún tipo de penalización.

Só pagas comisión cando vendas, se non realizas transaccións, non debes pagar nin un euros. Se ti non ganas, nós tampouco.

Non hai gastos de alta, excepto a adquisición do teu lector, que poderás pagar en cotas, para que non supoña un problema para ti.

Non terás que cambiar de banco, nin abrir ningunha conta.

Modernízate e converte algo tan sinxelo como un método de pago máis na túa vantaxe competitiva fronte á competencia. Na praia as moedas e billetes pérdense con moita facilidade e as carteiras molestan cando levamos roupa lixeira. Inviste só o xusto en poñerche ao día e consegue facer o “agosto” nas próximas semanas grazas a estar ao día, atendendo as necesidades dos consumidores.

Axudámosche en todo o proceso, do principio ao final. Se ti tamén crees que os TPV móbiles son para o verán, escríbenos e chamámosche gratis e sen compromiso. Boa temporada estival de vendas!

Sobre nosotros

Equipo SetPay

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros, como Google Analytics, para optimizar tu navegación y realizar tareas de análisis. Entendemos que estás conforme si continúas navegando en nuestra web (Más info en Política de Cookies)