Nosos clientes opinan

SSCHOTT medicina estetica

SSCHOTT

Clínica de medicina estética

“Cando tes un traballo que require ser preciso e estar moi concentrado agradécese que alguén che facilite as cousas. Cando remato un tratamento, SetPay e até a próxima visita”

SSCHOTT MEDICINA ESTÉTICA está situado no centro de Ourense e dirixido pola Dra. Silvina Aandrea Schott, Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidad de Buenos Aires e membro da Sociedad Española de Medicina Estética y Cirugía Cosmética (SEMCC).

O centro está especializado en rexuvenecemento facial sen cirurxía. Nel únense as últimas novidades en medicina estética coa tecnoloxía máis avanzada, constituindo unha das clínicas máis completas en tratamentos estéticos de Ourense. A filosofía de SSCHOTT MEDICINA ESTÉTICA réxese pola profesionalidade, mínima invasividade e un excelente servizo ao doente.

Stella Varela

Stella Varela

Salón de peiteado e estética

“Cada vez máis, as nosas clientas solicitan servizos a domicilio para datas especiais. Neses días a sua última preocupación é levar trocado. SetPay permítelles centrarse nas cousas importantes do seu día”

Stella Varela conta con máis de 25 anos no sector. Actualmente conta con dous salóns de beleza e tamén realiza servizos a domicilio. Stella Varela distínguese por estar á vanguarda da moda en peiteado e estética, adaptándose ás novas tendencias e técnicas. Hoxe, como o primeiro día, Stella Varela continúa traballando coa mesma ilusión para atender aos seus clientes.

Ela Diz

Ela Diz

Moda e complementos

“En Ela Diz góstanos mimar ás nosas clientas; atención personalizada, un café ou a comodidade de pagar rápidamente con calquera tarxeta é algo que nos dá un punto de diferenciación”

A idea orixinal de Laura ao abrir a sua tenda foi levar a Santiago de Compostela roupa de deseñadores emerxentes e de compañías máis consolidadas, xa que ao ser unha cidade pequena, mais chea de universitarios e funcionarios, pensou que un ar novo á cidade lle viría de marabilla.

Dentro dos deseñadores emerxentes apostan por firmas como CHULA (unha parella de galegos afincados en Vietnam que fan todas as suas prendas a man e en seda), MÓNICA CORDERA (xove asturiana afincada en Galicia con edicións limitadas) ou LUNA MORENO (unha xove firma de dúas arquitectas que se pasaron ao mundo da moda). E moitas outras marcas igual de orixinais e innovadoras.

En renovación constante, Laura continúa á procura de novos deseñadores e marcas para poder sorprender ás suas clientas. Se pasades por Santiago de Compostela non deixedes de achegarvos até Ela Diz, ¡de seguro que vos ha encantar!

O'Rey Bicis

O’Rey Bicis

Tenda de ciclismo

“Debido ao prezo de determinados compoñentes, o pagamento con tarxeta na tenda é habitual. Con SetPay podemos seguir ofrecendo o servizo cando nos movemos a feiras e competicións”

O’Rey é unha tenda de ciclismo rexentada polo excliclista profesional de mountain bike Óscar Rey. Nela pódense encontrar produtos das mellores marcas co asesoramento de profesionais do sector. Ademáis, é punto de reunión habitual dos afeccionados da zona.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros, como Google Analytics, para optimizar tu navegación y realizar tareas de análisis. Entendemos que estás conforme si continúas navegando en nuestra web (Más info en Política de Cookies)