Termos e condicións de uso

Os presentes Termos e Condicións Xerais de Uso, xunto coa Política de Privacidade regulan o acceso e/ou uso do Sitio web de SetPay baixo o dominio www.getsetpay.com, titularidade de SARELA INNOVA, S.L., responsable da prestación do servizo SetPay con domicilio en Avenida Montevideo 1, 2ºG, Santiago de Compostela (A Coruña). Con C.I.F. num. B-70345764, inscrita no Rexistro Mercantil de Santiago de Compostela ao Tomo 172, Folio 150, Sección 8, Folla SC 46333, I/A 1, (en diante, “SetPay”).

O acceso ou utilización do Sitio web implican a aceptación por parte dos usuarios de todas as condicións xerais que SetPay teña publicadas no momento do devandito acceso ou uso. Estas condicións xerais non obstaculizan a fixación por parte de SetPay doutras condicións particulares para a contratación ou utilización de determinados servizos ou produtos que se ofrezan aos usuarios no Sitio web.

SetPay resérvase o dereito a cambiar, modificar, engadir ou eliminar calquera sección, parcial ou totalmente, cando o crea oportuno. Ademais pode cambiar, suspender ou eliminar calquera aspecto do Sitio web, como o acceso a determinadas funcións, bases de datos, servizos ou contidos do Sitio web cando o crea oportuno. Ditas modificacións entrarán en vigor desde a súa publicación. SetPay pode tamén establecer límites en certas funcións e servizos, ou restrinxir o acceso á totalidade ou a certas partes do Sitio web. Ao usar este Sitio web, o usuario consente ditas modificacións. Por iso, SetPay recomenda aos usuarios que revisen periodicamente estes Termos e Condicións para coñecer as bases de uso vixentes en cada momento.

Acceso ao sitio web

O Usuario será enteiramente responsable do acceso e correcto uso do Sitio web con suxeción á legalidade vixente, así como aos principios de boa fe, á moral e á orde pública, e co compromiso de observar dilixentemente calquera instrución adicional que, en relación co devandito uso e acceso, puidese serlle impartida por SetPay.

A recollida e tratamento dos datos persoais fornecidos polo usuario así como o exercicio dos dereitos sobre os devanditos datos, rexeranse pola Política de Privacidade do Sitio web.

Responsabilidade do usuario polo acceso e uso dos contidos

O Usuario está obrigado a facer un uso razoable do Sitio web e os seus contidos, segundo as posibilidades e fins para os que está concibido. SetPay non asumirá ningunha responsabilidade, xa sexa directa ou indirecta, derivada do mal uso do Sitio web ou os seus contidos por parte do Usuario asumindo este en todo caso, baixo a súa exclusiva responsabilidade, as consecuencias, danos ou accións que puidesen derivarse do seu acceso ou uso do Sitio web ou dos contidos aloxados, así como da súa reprodución ou comunicación.

Queda terminantemente prohibido e, por tanto, as súas consecuencias serán da exclusiva responsabilidade do Usuario, o acceso ou a utilización do Sitio web e do seu contido con fins ilegais ou non autorizados.

Ligazóns

O Sitio web pode conter ligazóns e suxestións para visitar outras páxinas de Internet, recursos e patrocinadores de toda a World Wide Web. As ligazóns cara a e desde o Sitio web a outras páxinas mantidas por terceiros non constitúen unha recomendación por parte de SetPay de recursos ou contidos das devanditas páxinas.

Propiedade intelectual e industrial

SetPay, como autor da obra colectiva en que consiste o Sitio web, é o titular de todos os dereitos de propiedade industrial e intelectual sobre a mesma. Está prohibida calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública, modificación e, en xeral, calquera acto de explotación da totalidade ou parte dos contidos (imaxes, textos, deseño, índices, formas, etc.) que integran o Sitio web, así como das bases de datos e do software necesario para a visualización ou o funcionamento do mesmo, que non conte con expresa e previa autorización escrita de SetPay.

O Usuario non poderá en ningún caso explotar ou servirse comercialmente, de forma directa ou indirecta, total ou parcial, ningún dos contidos (imaxes, textos, deseño, índices, formas, etc.) que conformen o Sitio web sen a autorización previa e por escrito de SetPay.

Quedan prohibidos calquera recursos técnicos, lóxicos ou tecnolóxicos en virtude dos cales un terceiro poida beneficiarse, directa ou indirectamente, con ou sen lucro, dos contidos do Sitio web.

Lexislación e xurisdición aplicable

As presentes Condicións Xerais quedan suxeitas ao ordenamento xurídico español.

Para a resolución de calquera conflito que puidese derivarse do acceso á páxina web, o Usuario e SetPay acordan someterse expresamente aos xulgados e tribunais da cidade de Santiago de Compostela, con renuncia a calquera outro foro xeral ou especial que lles puidese corresponder.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros, como Google Analytics, para optimizar tu navegación y realizar tareas de análisis. Entendemos que estás conforme si continúas navegando en nuestra web (Más info en Política de Cookies)