SetPay intégrase con Quipu, un programa de facturación que che permite realizar cobros dende a propia factura

quipu setpay (1)

En SetPay non nos gusta estar quietos e sempre andamos á procura de novos proxectos que aporten un valor engadido. Xa coñeces o noso TPV virtual que permite aceptar pagos de forma online en sitios de ecommerce ou similares, pois agora tamén che permite realizar cobros directamente nas túas facturas grazas a nosa colaboración con Quipu.

Pagar directamente dende a factura

Quipu é un programa de facturación online para autónomos, empresas, asesorías e xestorias que permite, entre outras funcionalidades, emitir facturas de forma dixital aos teus clientes.

Agora, grazas á integración deste programa con SetPay, podes mandar as facturas aos teus clientes con opción de pago incorporado: na factura aparece un enlace para que os teus clientes paguen con tarxeta ao momento. Quipu é o primeiro programa que permite cobrar de maneira directa dende a factura. Este novo servizo facilita o cobro ao cliente, fomentando así poder recibir o importe moito antes.

Como funciona?

Unha vez que teñas unha conta en Quipu, debes activar a integración có TPV virtual de SetPay. Unha vez integrado, ao crear unha factura seleccionando o método de pago de SetPay, aparecerá de maneira automática un enlace na túa factura para que se poida realizar o pago.

quipu factura

Este enlace redirixe ao cliente a un formulario que deberá cubrir cós seus datos para poder realizar o pago na factura.

quipu factura 2

Unha vez completado e enviado, recibirás un correo electrónico informando de que o pago está realizado correctamente. Tamén o recibirás se hai calquera problema durante a transacción.

unspecified (3)

 

Condicións do servizo

Xa coñeces a filosofía de SetPay “se o empregas pagas, senón non”. Polo que só pagarás unha pequena comisión polo uso do servizo, sen altas, custos adicionais ou comisións de mantemento. O custo é sinxelo, sen letra pequena:1,49% + 0,19€ por transacción. Máis información sobre as condicións de prezos de SetPay con Quipu aquí.

Proba Quipu

Outras vantaxes de Quipu

Ademais do servizo de creación e xestión de facturas e presupostos, Quipu conta cun programa de facturación online que autocompleta os modelos tributarios por ti. De maneira sinxela ao ir incluíndo os ingresos e os gastos xa cubre os modelos que, unha vez completados, podes entregar directamente en Facenda ou mediante o banco. Este servizo permite ter os teus impostos ao día dedicándolle tan só 5 minutos e así ter máis tempo para o teu negocio.

Tamén ofrece:

  • Panel de control e control de gastos.
  • Xestión de clientes e usuarios.
  • Xestor documental.
  • Integración no teu ecommerce.
  • Xestión de bancos e remesas.

Se queres coñecer de primeira man o funcionamento deste programa, tes unha proba gratuíta durante 15 días. Soluciona as túas tarefas administrativas e facilita o pago aos teus clientes. Anímaste?

Etiquetado con: , ,

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros, como Google Analytics, para optimizar tu navegación y realizar tareas de análisis. Entendemos que estás conforme si continúas navegando en nuestra web (Más info en Política de Cookies)