SetPay agora tamén en PuntoGal

logo_puntogalSetPay xa é tamén.gal. Calquera persoa que queira consultar a nosa web en galego, xa pode facelo directamente a través da nova URL, www.setpay.gal. Así mesmo mantemos a nosa dirección web habitual noutros idiomas: www.setpay.es, www.setpay.eu e www.getsetpay.com. Este pequeno xesto é parte do noso compromiso co noso ámbito. SetPay súmase á etiqueta PuntoGal, porque apostamos pola nosa cultura. A nosa sede está en Santiago de Compostela e estamos moi orgullosos da nosa orixe, que ademais nos posiciona como a única empresa de TPVs móbiles do Estado.

Pero… que é PuntoGal?

A comunidade galega no mundo conta con máis de 4 millóns de persoas e a iniciativa PuntoGal nace para facer este colectivo máis visible dentro deste espazo de comunicación global que é Internet. A promotora conformouse por representantes da Asociación de Editores de Galicia, a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, a Asociación Fillos de Galicia (fillos.org), o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, o Consello da Xuventude de Galicia, as Empresas Galegas Adicadas a Internet (Eganet), Galicia Hoxe, Idesga-Galego 21, ISOC-Galicia, a Mesa pola Normalización Lingüística, a Real Academia Galega e Vieiros. Dende a posta en marcha deste proceso, no verán de 2006, máis de 10.000 persoas uníronse a este proxecto que hoxe é xa unha realidade.

Falamos?

Nas nosas webs preparamos toda a información necesaria para entender o funcionamento do noso TPV móbil. Visitando a nosa páxina de Inicio, encontrarás unha guía de como converter o teu smartphone ou tablet nun punto de venda. Tamén podes solicitar un convite para ser dos primeiros en usar o noso dispositivo. Na sección Tarefas dispós dunha táboa que che axudará a facer o cálculo aproximado das nosas comisións decrecentes, segundo o teu nivel de facturación. Como xa saberás, canto máis vendes, menos pagas. Se tes algunha dúbida máis concreta, na sección Axuda explicámosche todo polo miúdo. Por último, a través do noso Blog, podes seguir o noso día a día e informarte sobre cambios en normativas financeiras ou coñecer noticias específicas sobre negocios de PEMEs e autónomos.

Amplía o teu negocio con só incorporar ao teu día a día un pequeno lector de tarxetas. Non perdas máis vendas! Explicámosche que ofrecemos en varios idiomas, agora tamén dende unha URL específica en galego.

Sobre nosotros

Equipo SetPay

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros, como Google Analytics, para optimizar tu navegación y realizar tareas de análisis. Entendemos que estás conforme si continúas navegando en nuestra web (Más info en Política de Cookies)