SetPay entra no mercado portugués e lanza alí o seu servizo

setpay portugal

Iniciamos operacións en Portugal ofrecendo un servizo único e novo de TPV móbiles no país, sen cotas mensuais e que ademais de permitir cobrar con tarxeta en calquera localización, acepta pagos da rede Multibanco, VISA e Mastercard. O lector é tan pequeno como unha calculadora e para usalo tan só se necesita unha aplicación para móbil ou tableta e conexión a Internet. Ademais non ten nin penalizacións por baixa facturación, nin permanencia, xa que só se cóbra unha comisión do 1,69% ao 2,69% por cada uso, unha formulación que revoluciona radicalmente os estándares no país, beneficiando a pequenas empresas e autónomos.

Este TPV móbil supón abrir as portas de numerosos establecementos e negocios ao pago con tarxeta internacional en Portugal, xa que en moitos casos están limitados a transaccións con bancos nacionais e a altas cotas fixas. As condicións supoñen, así mesmo, un gran paso adiante á hora de aforrar custos se comparamos as condicións de servizo coas das entidades que ata o momento ofrecen TPV´s na república.

O datáfono de SetPay conta con todos os sistemas e protocolos necesarios para garantir pagos seguros 100% tanto para o cliente como para a empresa ou profesional e dispón dunha aplicación que permite realizar reembolsos ou enviar vía email a factura.

A única empresa española que comercializa TPV´s móbiles

Somos a primeira e única compañía 100% española en desenvolver un TPV móbil, ofrecendo ademais as condicións máis flexibles do mercado e presenta un servizo moi innovador no tradicional sector bancario. Tras comezar a operar en España grazas a un acordo coa entidade alemá Privatbank, demos xa os primeiros pasos na nosa expansión internacional.

 

Sobre nosotros

Equipo SetPay

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros, como Google Analytics, para optimizar tu navegación y realizar tareas de análisis. Entendemos que estás conforme si continúas navegando en nuestra web (Más info en Política de Cookies)