seguridad emv setpay

Seguridade

A seguridade dos nosos clientes é moi importante para nós. Por iso temos implementadas unha serie de solucións que lles permitan centrarse no seu negocio e despreocuparse dos seus medios de pagamento. Ademais, contamos co respaldo e a aprobación dos estándares necesarios para operar con medios de pagamentos na Unión Europea.

Tarxetas con CHIP e validación do PIN, o medio de pagamento máis seguro.

Como parte do noso compromiso coa seguridade dos nosos clientes, eliximos este medio de pagamento por diante doutras opcións xa que estamos convencidos de que é o que maior compromiso proporciona entre facilidade de uso e seguridade.

Este sistema réxese polas directivas da EMV (acrónimo deEuropay Mastercard Visa), que definiu este estandar de cara a mellorar a seguridade nos pagamentos en Europa, e que actualmente se está a implantar en todo o mundo, coa recente incorporación de Estados Unidos.

Seguridade dos datos

Tanto as aplicacións para dispositivos móbiles coma o lector de SetPay non almacenan ningún tipo de información de relevancia para a seguridade dos nosos clientes. Deste xeito, asegurámonos de que, en caso de roubo ou extravío, a seguridade e privacidade dos nosos clientes non poida ser vulnerada.

A información das transaccións e os datos dos nosos clientes viaxan cifrados a través de redes seguras.

Certificacións

Cumprindo coas estritas normativas da industria de medios de pagamento, o lector de tarxetas que SetPay proporciona aos seus clientes dispón das certificacións EMV Level 1 e EMV Level 2, así como a PCI PTS, incluíndo Secure and Reading & Exchange Data (SRED).

Ademais, os servizos utilizados por SetPay para procesar os pagamentos, encóntranse certificados coa norma PCI DSS Level 1 da PCI Security Standards Council.

Seguridade e ética no modo de traballo

Traballar de xeito correcto cos datos dos nosos usuarios é unha das máximas de SetPay. Non só no que a protección de datos aplica, se non ao seu uso con fins comerciais ou por terceiros. Mantemos os nosos sistemas continuamente auditados de cara a manter a seguridade dos nosos usuarios, e o noso equipo está formado nos nosos estritos protocolos de seguridade.

Cremos en SetPay como a mellor solución para PEMEs e autónomos pola súa transparencia, proximidade e liberdade, esperando con iso, satisfacer as necesidades dos nosos clientes.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros, como Google Analytics, para optimizar tu navegación y realizar tareas de análisis. Entendemos que estás conforme si continúas navegando en nuestra web (Más info en Política de Cookies)