A evolución dos sistemas de pagamento: O móbil é a nova carteira

A popularización das novas tecnoloxías de cobro deron pé á proliferación de sistemas de pagos co móbil, ben con tarxeta de crédito ou dende conta bancaria. Dende SetPay celebramos cada avance, por pequeno que sexa, se así se favorecen as transaccións dixitais.

Sistemas de pagos con tarxeta

  • Wallets NFC

Neste tipo de sistemas o pago realízase achegando o móbil a un TPV que conte con tecnoloxía NFC e introducindo unha clave, como nunha compra con tarxeta de crédito. Os máis coñecidos nesta campo son os  Samsumg Pay,  Apple Pay ou Android Pay.

A día de hoxe, a porcentaxe das compras que se realizan empregando o móbil representa algo máis do 6% en España. Aínda é unha cifra pequena, pero dende SetPay estamos ao tanto da evolución que está tendo esta práctica. Así, a pesares de que o TPV móbil  que estamos a comercializar agora non conta coa tecnoxía NFC para poder realizar pagos co móbil, xa contamos cun novo prototipo que si incorpora este servizo e que lanzaremos ao mercado cando esta forma de pago se estenda.

 

  • Outras aplicacións

Neste “caixón de sastre” doutras aplicacións metemos os servizos de pago que empregan pasarelas de pago online e identifican o cliente ou a transacción por medio dun código QR, Bluetooth, etc. Exemplo deste sistema é a app de Inditex. O usuario activa o servizo vinculando as tarxetas á súa conta persoal de Inditex; así, no momento de realizar un pago, a aplicación xenera un código QR único co que se paga achegando o móbil ao lector de tarxetas. Outro exemplo é a aplicación do Grupo Vips.

 

Sistemas de pago dende conta bancaria

  • Bizum

Bizum é o novo sistema de pago por teléfono móbil impulsado pola banca española. Este servizo intégrase nas distintas aplicacións de bancos como BBVA ou Santander, entre outros, e permite facer transferencias entre particulares con importes comprendidos entre os 50 céntimos e os 500€. Na actualidade estas transferencias non supoñen o cobro de ningún tipo de comisión, aínda que non sabemos se se manterá desde xeito no futuro.

 

  • Twyp

Twyp é unha app do grupo ING que permite realizar pagos entre particulares de conta a conta mediante o número de móbil. Podes enviar e recibir cartos a través desta aplicación independentemente do banco ao que pertenzas. Trátase dun servizo gratuíto, sen comisións.

 

  • Verse

Verse permíteche vincular a súa aplicación coa túa tarxeta de crédito ou débito para poder enviar ou solicitar cartos aos contactos do teu teléfono. A transferencia á conta de Verse realízase ao momento e a transferencia desta conta á conta bancaria do cliente tarda dous días laborables. Este servizo tamén sirve para enviar diñeiro a un contacto que non teña unha conta bancaria, pero existen certas limitacións. Verse tamén opera sen comisións.

 

Sistemas non exclusivos de pago

Tamén se poden realizar pagos dende aplicacións que non son de maneira exclusiva de pago. Dito así pode soar un pouco raro, pero non é máis que un servizo que se incorpora a aplicacións xa existentes. Este sistema de pago introduciuse en apps de mensaxería como é o caso de Facebook Messenger, Snapcash, Line Pay ou WeChat.

Existe unha gran variedade de sistemas deste tipo. Van crecendo pouco a pouco e capturando cota de mercado, pero aínda lles queda un longo camiño por percorrer.

Sobre nosotros

CEO de SetPay

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros, como Google Analytics, para optimizar tu navegación y realizar tareas de análisis. Entendemos que estás conforme si continúas navegando en nuestra web (Más info en Política de Cookies)