O Marisquiño, unha oportunidade de aumentar as túas vendas con SetPay

flyer_setpay_marisquino

SetPay lanza unha oferta para que poidas vender máis os próximos 12,13 e 14 de agosto en O Marisquiño. Vigo acolle esta cita xa consolidada ao redor da cultura urbana e os deportes de acción, que reunirá a preto de 120.000 persoas afeccionadas ás competicións e exhibicións, ademais de moita música e gastronomía con selo Galicia Calidade.

SetPay quere axudarche a que aumentes as túas vendas se acodes coa túa caseta a O Marisquiño, descontándoche 10 euros do prezo do lector do noso TPV móbil, que poderás adquirir por 69 euros. Cun 1,49% de comisión, o noso servizo é o máis flexible do mercado e permitirache, esteas onde esteas, aceptar cobros con tarxeta de crédito. Só necesitas un Smartphone ou tableta e Internet. Lembra que non terás que cambiarche de banco, nin pagar penalizacións nin asinar ningunha permanencia. Só gañamos se ti ganas, e non che pediremos que aceptes ningún acordo máis que o que se refire ao servizo que che ofrecemos. Nada de letra pequena!

Se non o tes aínda claro, lembra que o acceso ao recinto xeral de O Marisquiño é totalmente gratuíto e que ata Vigo achéganse persoas de moitas nacionalidades diferentes deportistas ou afeccionados ao Skate, Dirt Jump, Motox ou BMX. O recinto diúrno está localizado no Porto de Vigo, en zonas como o Náutico, Peirao Transatlánticos, Paseo das Avenidas e Espigón. Pola noite é a Praza do Rey, no centro, onde continúa a programación con música como Mix Master Mike, The Qemists, Mad Porfessor ou os galegos Guerreira, Malandrómeda ou Selvática.

Aproveita a oportunidade e goza dun fin de semana de emocións fortes mentres “fas o agosto” na túa caseta! Traslada os teus produtos ás rúas de Vigo e chega a un público moi amplo e internacional, ofrecendo o pago vía tarxeta de crédito como vantaxe fronte á túa competencia. Utiliza o código promocional MARISQUIÑO e comeza a vender, sen máis límites que o teu stock!

Sobre nosotros

Equipo SetPay

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros, como Google Analytics, para optimizar tu navegación y realizar tareas de análisis. Entendemos que estás conforme si continúas navegando en nuestra web (Más info en Política de Cookies)