Os artesáns galegos agora poderán cobrar con tarxeta en calquera feira ou mercado

Vimos de pechar un importante acordo estratéxico con AGA, a Asociación Galega de Artesáns. SetPay facilitará que os membros deste colectivo comecen a ofrecer pago con tarxeta aos seus clientes en calquera localización, a través dun lector de tarxetas tan pequeno como unha calculadora e unha aplicación nun smartphone ou tableta. AGA grupa ao redor de 300 artesáns de diversos oficios en toda Galicia, integrados en talleres dunha ou dúas persoas.

A maioría de negocios en mobilidade e pequenos comercios non atenden á crecente demanda de pago con tarxeta por parte dos consumidores, que segundo os datos do Banco de España creceu nos últimos meses. O dispositivo de SetPay permite efectuar cobros desde calquera lugar, sen custos iniciais de alta e sen comisións mínimas mensuais. Un servizo perfecto para profesionais que non teñen unha ampla demanda diaria de pagos con datáfono e que, por tanto, non poden asumir custos de cotas ou penalizacións por baixo uso do servizo.

Comisións flexibles adaptadas ao volume de vendas

Os clientes de SetPay dispoñen ademais de tarifas adaptadas á súa facturación, de modo que canto máis usen o TPV, menor comisión abonarán. Unha solución pensada para encaixar na realidade de cada negocio e facilitar desde o inicio o crecemento das vendas. Tampouco existen cotas de mantemento ou obrigación de contratar outros produtos, reducindo así os custos fixos ás pemes e ofrecendo unha solución máis flexible que os datáfonos tradicionais.

Consulta as nosas condicións! Falamos?

Sobre nosotros

Equipo SetPay

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros, como Google Analytics, para optimizar tu navegación y realizar tareas de análisis. Entendemos que estás conforme si continúas navegando en nuestra web (Más info en Política de Cookies)