5 claves para vender máis e mellor esta tempada

temporada otoño pymes

Prepara xa o teu negocio para chegar a tempo á campaña de Nadal.

Xa chegou setembro e a tan esperada volta ao cole dos máis pequenos. Despois dun verán intensísimo a nivel turismo, grazas ao bo tempo e á inestabilidade política de destinos moi visitados no Mediterráneo, os últimos turistas de tempada volven a casa e o outono chega para quedar.

Se o teu negocio depende das vendas a pé de praia, parabéns! Seguro que tiveches un bo trimestre. Os datos de ocupación hostaleira foron fantásticos en 2016. Para o resto de empresas, autónomos e PEMES, toca comezar a preparase para o gran momento do ano: Nadal.

Setembro é un bo mes para a venda de todo o que ten que ver cos máis pequenos, que retoman as clases, pero complicado para outros sectores, que sofren o recorte de gastos tras os excesos estivais. Unha época perfecta, por tanto, para poñer ao día o teu negocio e ir preparando ben este curso lectivo.

5 claves para acertar este inverno
  1. Revisa o teu stock

É o momento de revisar se o teu stock é adecuado para o outono, e non estaría de máis que comezases a pensar en que tipo de oferta queres propoñer aos teus clientes para este Nadal. Vai preparando aumentos nos teus pedidos e selecciona coidadosamente as novidades de tempada e aqueles artigos que che funcionaron correctamente en campañas anteriores.

  1. Prepara o teu calendario

Dependendo do teu sector, debes ter en conta que en outubro, novembro e decembro hai pontes, e dos longos. Se te dedicas ao mundo da hostalería, non perdas a oportunidade de ofrecer actividades ou ofertas atractivas.

Se te dedicas ao sector retail, lembra que dentro de poucos meses vas ter a oportunidade de adiantar as vendas de Nadal. No noso país xa se instalaron dúas datas ás que che podes sumar e que che axudarán comezar con bo pé a campaña: o Black Friday e o Cyber Monday.

  1. Renova os teus métodos de pago offline

Pensaches se os teus clientes prefiren pagar con tarxeta?, a que estás a esperar? Segundo os últimos datos publicados polo Banco de España en 2015 realizáronse transaccións virtuais por valor de 9.000 millóns de euros. Un aumento considerable con respecto ao ano anterior, que demostra que aos poucos se instala o hábito de non levar o diñeiro en efectivo no peto. Non cha xogues e contrata o TPV móbil SetPay, co que só pagarás comisión se realizas unha venda. Sen penalizacións, sen compromisos, sen permanencia. Se non o usas, non supoñerá ningún gasto.

  1. Abre a túa propia tenda online

Se non o fixeches no verán, este é o mellor momento para ampliar o teu negocio e chegar a máis clientes a través da rede. Desde un simple WordPress podes crear unha tenda online básica e comezar a poñer os teus produtos dispoñibles na internet. Podes comezar cun investimento moi pequeno e ila aumentando progresivamente. O TPV online de SetPay é o complemento ideal, que ademais de ser unha pasarela de pago segura e cómoda para os teus clientes, conecta co mesmo sistema de xestión que o noso TPV móbil. Todo o diñeiro que cobres a través de tarxeta de crédito, nunha mesma solución. Fácil para ti, fácil para os teus compradores.

  1. Reorganiza a túa loxística de entrega de pedidos

Tanto se tes tenda online coma se fas entregas de pedidos a clientes en xeral, setembro é un bo mes para volver revisar tarifas de provedores e corrixir erros ou deficiencias do teu sistema de envíos. Que unha compra chegue correctamente ao seu destinatario é clave, xa que é un dos momentos nos que podes perder a confianza do usuario. Neste caso está na túa man que o servizo sexa excelente. Busca unha boa trazabilidade que che asegure saber onde se atopan os pedidos en cada momento e negocia co teu operador para minimizar os riscos dos tan molestos atrasos.

Planifica os deberes. O cole empezou tamén para as PEMES e os autónomos e non debes perder tempo. Comeza a conta atrás para a seguinte campaña, fundamental para garantir a estabilidade do teu negocio. Ola, outono!

 

 

Sobre nosotros

Equipo SetPay

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros, como Google Analytics, para optimizar tu navegación y realizar tareas de análisis. Entendemos que estás conforme si continúas navegando en nuestra web (Más info en Política de Cookies)